lunes, 22 de diciembre de 2008

Los Granadians a Eurovisión 2009

Los Granadians del Espacio Exterior preséntanse este ano ao festival de Eurovisión. É necesario conseguir o máximo número de votos para que se clasifiquen, así que non perdas nin un segundo e vota XA! por Los Granadians.

Emite o teu voto facendo click no seguinte link:

http://www.rtve.es/television/eurovision2009/candidatos/los-granadians.shtml

jueves, 11 de diciembre de 2008

sábado, 8 de noviembre de 2008

viernes, 31 de octubre de 2008

Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público

Café colonial, Rio Grande do Sul, churrasco, Internacional, gaúcho, Nova Petrópolis, o PT, mamão, Gramado, buffet, Canela, Gremio, minuano, artistas, tudo bom?, Colónias Alemãs, caipirinha, Guaraná, o Fogaça, a lotação, Porto Alegre, farroupilhas, guarani, os açorianos, chimarrão, cachaça, perfeitura, shopping center, segurança, puxa-puxa, Brahma, Lago Guaíba, sagú...

Audio: The chords - maybe tomorrow

sábado, 27 de septiembre de 2008

Co apoio da Consellería de Cultura e Deporte

Hola amigos! O prometido é débeda! É eiquí unha ración de imaxes en movemento para ilustrar eses paseos por Portugal, adobado cun pouco de allo cocido en nitróxeno líquido e prixel liofilizado. Saúdos.

Audio: Joya Landis - angel of the morning

lunes, 15 de septiembre de 2008

E Ezequiel Mosquera quedou cuarto...

Ciao amici!
Xa estamos eiquí de volta. Proximamente voltan os xa clásicos e marabillosos vídeos de Mike Lois, desta vez de temática paseante por Portugal.
Até já.

jueves, 28 de agosto de 2008

Is time of vacations (ben merecidas ou!)

Pois iso, vacacións e desconexión. A presto bambini!

O grande Fernando Esteso interpretando un temazo soul no 1975. Canción escrita e producida por....Lauren Postigo!!!

Este gran home con bigote destrozando o clásico One Step Beyond de Prince Buster, popularizado polos Madness. Xa quedaban lonxe os tempos de Conexion, o mellor que fixo El Saxofonista Cobos en toda a súa prolífica carreira.

Pili y Mili son unhas xemelgas orixinarias de España que filmaron películas no sesenta e principios dos setenta. Vexan eiquí unha actuación ben bizarra dunha película que filmaron en México.

viernes, 15 de agosto de 2008

60's Italia IV: Patty Pravo

Nicoletta pasa os primeiros anos da súa adolescencia coa súa avoa, naqueles anos coñeceu ao cardeal Angelo Roncalli (o futuro Papa Xoán XXIII) e ao poeta americano Ezra Pound. Sendo nena estuda danza e piano, inscríbese nun curso de dirección de orquestra, é unha apaixonada do rythm'n'blues e empeza a ser coñecida co nome de Guy Magenta, actúa a miúdo no lendario Piper Club, lugar de culto, onde é descuberta polo axente Alberigo Crocetta, que foi quen lle puxo o nome artístico de Patty Pravo ("veloz como a vida dos mozos"). En 1965 grava a súa primeira aparición cinematográfica "Passeggiando per Subiaco", a día de hoxe inédita, dirixida e producida por Tullio Piacentini. Entre outros cantautores está presente o mozo Lucio Dalla coa canción "Il ceo". En 1966 grava o seu primeiro single coa discográfica ARC Ragazzo triste (versión italiana de But you're mine de Sonny Bono) e para a "moza do Piper" é só o primeiro dunha serie de éxtios con cancións soadas a medio camiño entre o beat e a canción melódica: en 1967 Qui e là, Se perdo che e especialmente en 1968 La bambola, un disco de 45 revolucións con éxito mundial e nove millóns de discos vendidos. Posteriormente canta Sentimento, Gli occhi dell'amore, Tripoli'69, Il paradiso (de Lucio Battisti) e Nel giardino dell'amore ("Rain" de José Feliciano). Para a gravación dos seus discos e concertos en directo no Piper Club, e o Cyan Three forma un grupo inglés, casaría coa batería, Gordon Fagetter; o grupo acompáñaa nos primeiros anos da súa carreira. En 1969, Crocetta e Rca proponlle gravar un album acompañada por unha orquestra, co nome de Concerto per Patty.

Patty Pravo - la bambola (1968)


Patty Pravo - il paradiso (1969)

domingo, 3 de agosto de 2008

Nota de prensa

Debido ás presións dun marxinal grupúsculo paramilitar que utiliza modos mafiosos, véxome na obriga de crear esta nova entrada. Saúdos democráticos e asemblearios de Robert Mobuto, que acaba de confirmar a súa asistencia ó Artenativa 2008.

jueves, 31 de julio de 2008

Lugo eche do que non hai

>>> É eiquí un botón <<<

lunes, 21 de julio de 2008

60's Italia III: Rita Pavone

Naceu en Torino o 23 de agosto de 1945, comezou a súa carreira cando a descubriu Teddy Reno quen fora o seu representante e máis tarde o seu flamante marido. O 1 de setembro de 1962, comeza a historia musical desta grande cantante italiana; cantantes vidos de todas partes de Italia reuníronse para as finais do «Primeiro Festival dos Descoñecidos», un concurso organizado para descubrir novos talentos. Unha rapaza pequena, indecisa, tímida e calada, mais confiada e explosiva cando canta, bátese contra todos os concursantes. O seu triunfo é tan sensacional que os presentes teñen a sensación de que viran nacer unha estrela auténtica no mundo da canción. Leva case un millón de exemplares vendidos de só tres cancións, «Allá mia eta», «La Partita di Pallone, e «Come te non C’e Nessuno», que son tarareadas, silbadas y cantadas por todos. As grandes revistas dedícan páxinas enteiras e as boites dispútanse as súas actuacións. >>> http://www.ritapavone.it/ <<<

Rita Pavone - la partita di pallone (live)

Rita Pavone - datemi un martello (1964)

Para máis información xeneralista, non deixen de visitar:

www.myspace.com/mike_lois

jueves, 10 de julio de 2008

A dinamo da bicicleta

A enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma. Combo Dinamo é unha mutación sufrida polos Mistakens. Produciuse unha transformación, como cantan eles, isto non "é máis do mesmo". En Combo Dinamo a máis mínima fricción das púas e baquetas coas cordas e parches das súas guitarras, baixos e batería produce unha corrente sonora directa, plasmada agora en trece cancións inductivas e adictivas que dan voltas sen parar na bobina de das orellas desde o primeiro impacto. Amplifícase así a milagre da termodinámica musical: cando o empeño entra en contacto coas grandes composicións, as gañas e a contundencia, a actitude e a melodía, saltan as chispas do talento que dan forma ó seu primeiro disco.
O programa Satelitres que dirixe Charlie "tío grande" Faber, seleccionou o LP como disco da semana (do 21 ó 25 de xaneiro). Ah, para esa panda de ex-convictos e criminais do Artenativa, fagan caso al Charlie e traian a Combo Dinamo para o 2009. Grazañas.
Ci vediamo!

Copiar e pegar from: www.myspace.com/combodinamo

Combo Dinamo - más de lo mismo

martes, 1 de julio de 2008

A que hora é o partido?



Hola amigos! Come vai?
É esta unha pequena reportaxe fotográfica dalgún que outro paseo pola Comunidade Autónoma de Lugo (Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, encoro de Belesar e Monforte de Lemos).
Para amenizar, nada mellor que unha xoia de vídeo dos Small Faces acompañados pola grande P.P. Arnold (la del angel of the mornimg, neno!); no ano 1968 nunha televisión de Bélxica.
Saúdos e ata a próxima.

Small Faces & P.P. Arnold - tin soldier (colour)

lunes, 23 de junio de 2008

60's Italia II: Adriano Celentano (il più grande)

Adriano Celentano (Milán, Italia, 6 de xaneiro de 1938); cantante, actor e cineasta italiano.

Adriano Celentano iniciouse no mundo do espectáculo actuando como imitador e cómico nos cabarets da súa ciudade natal. O seu debut oficial como cantante tivo lugar en 1957 no transcurso do Primeiro Festival do Rock And Roll celebrado no pazo de xeo de Milán.

A partires de entón, Celentano comezou a interpretar cancións inspiradas en xéneros tan diversos como o soul, o tango, os valses, o pop, o rock, etc. A partires do ano 1965, comeza a adicarse ao cinema, traballando como director e como actor.

Nos case 40 anos adicados ao espectáculo, Celentano colleitou numerosos éxitos musicais así como no mundo do cinema.

Desde Serafino (1968), en onde Celentano encarna a un xove napolitano, que cada vez que o chamaban polo seu nome, respondía sempre cantando as estrofas de «Mamma», unha vella tonada de dito pobo.

Celentano está casado con Claudia Mori, actríz e cantante italiana, e é pai da actriz Rosalinda Celentano (coñecida polo seu papel de Satanás en “La Pasión de Cristo”).

Entre as súas cancións destacan: “Azzurro”, “Yupi Du”, “Chi non lavora non fa l’amore” (ca que participou xunto á súa muller Claudia Mori no Festival da Canción de San Remo, “Il ragazzo della Via Gluck”, “Io non so parlar d’amore”, etc.

Filmografía:

Películas: Serafino (1968) Blanco, rojo y… (1972) Rugantino (1973) El que se vino de Nápoles (1974) Manos de terciopelo (1979) Horacio y el bailón de D. Fulgencio (1979) El solterón domado (1980) Señas particulares: hermosísimo (1988).

Como director, dirixeu os seguintes filmes: Yuppi Du (1975) La otra mitad del cielo (1976).

Programas de televisión: Adriano Clan (1964) Adriano Clan 2 (1965) C’è Celentano (1972) Arriva il Celebre (1977) Fantastico 8, na RAI, xunto a Heather Parisi, Renato Rascel, Marisa Laurito, Teo Teocoli (coñecido en Italia, polo seu personaxe, o xuíz Rocco Tarrocco) e elenco (1987-1988) Svalutation (1992) Francamente me ne infischio (1999) 125 milioni di caz…te (2001) Rockpolitik (2005), etc.

Discografía: Azzurro (1960) Peppermint twist (1962) A New Orleans (1963) Super (1965) Il ragazzo della via Gluck (1966) Una ragazza in un pugno (1968) Le robe che ha detto Adriano (1969) Il Forestiero (1970) Er Più (1971) Con me nel Clan (1971) I Mali Del Secolo (1972) Yuppi Du (1974) Bellissima (1975) I miei americani (1984) Joan Lui (1985) I miei americani 2 (1986) La pubblica ottusità (1987) Il re degli ingnoranti (1991) Quel punto (1994) Mondo in mi 7a] (1996) Mina Celentano (1998) Io non so parlar d’amore (1999) Esco di rado (e parlo ancora meno)(2000) Il cuore, la voce (2001) Per sempre (2002) Le volte che Celentano è stato 1 (2003) C’è sempre un motivo (2004) L’indiano (single) (2005) La Tigre e il Molleggiato (2006), etc.

Adriano Celentano - 24000 baci

Mina e Adriano Celentano - parole, parole

Ardió Lucus, ou?

Mike "Trojan" Lois

viernes, 13 de junio de 2008

Ni El Bulli, oye !


--- reserva confirmada ---

miércoles, 11 de junio de 2008

Arde Lucus VS Artenativa


Por favor, confirmar número de asistentes na maior brevidade posible. Grazañas.

lunes, 9 de junio de 2008

Na procura de nativos !

Hola amigos!

Aí vos van algunhas recomendacións de pensións para a fin de semana de aborixes valgueses en Lugo. Na miña humilde opinión, a Residencia Alba é a mais chachi, mais se queredes algo bo, bonito e barato recoméndovos a Residencia Mar de la Plata (¡es un lindo boliche!). Canto antes poidades decídeme o número de persoas que vindes, para así encargar a comedela lucense de pro. Xa me contaredes.

Un saúdo indixenada rupestre!

Pensión Residencia San Roque
Praza Comandante Manso, 11 (Ao lado da R/San Roque, preto da muralla)
982222700
Dobre con baño: 53,5 € - 42,8 €
Pensión Residencia Alba
Praza Campo Castelo, 31 (Céntrica, dentro da muralla)
982226056
Pensión Residencia Mar de la Plata
Ronda da Muralla, 5 (Estrada que rodea á muralla)
982228910
Pensión Residencia Porta Santiago
Ronda da Muralla, 176 (Estrada que rodea á muralla)
982252405
???

viernes, 6 de junio de 2008

Vida lucense, ou?


Premede o botón dereito do voso rato eiquí. Aprendede un pouco rapazada blogueira !

martes, 3 de junio de 2008

Los Granadians del Espacio Exterior voltan á carga !

Si, os anos de espera desde o seu anterior disco foron un martirio para os seus fieis seguidores. Ademais as súas actuacións en vivo durante este período, aínda que espectaculares, cóntanse cos dedos das mans, e limitáronse a aparicións especiais e case "segredas", sendo só uns poucos de miles de afortunados os que poden dar crédito diso.


Todo isto construeu a crear un clima de incertidume no que fai referencia á actividade destes músicos, e algúns disparaban ruxerruxes sobre unha posible separación.


Pero Los Granadians del Espacio Exterior regresaron cun novo vinilo baixo o brazo:


"Creo que se esaxerou un pouco, De verdade pasou tanto tempo? Non temos a sensación de estar tan perdidos no espazo como pensan algúns. Ben é certo que o éxito que obtivemos co noso primeiro LP chegounos sendo moi mozos como para afrontalo con mesura. Todo nos pillou por sopresa: a fama, os excesos, os egos e as dubidosas intencións de terceiras persoas case fan que a nosa carreira se nos fose das mans. A esperedísima xira de presentación de "El temperamental Sonido de Los Granadians Vol.1" coincidiu coa saída ao mercado do single que fixemos con Dave Barker, todo foi moi seguido, e depois, ese mesmo ano fixemos aquelas actuacións como banda de Derrick Morgan baixo pseudónimo, en Alemaña e en Madrid. Encántanos Derrick Morgan, xa no 2003 fixémoslle un single, e é un privilexio tocar con el, é unha auténtica estrela, e xa que logo non queriamos que o público acudise a ver a "Los Granadians", senón ao propio Derrick, ademais, non tocamos ningunha canción nosa naqueles concertos.


Nunca fumos partidarios de facer moitas actuacións nin de tocar en todo o que se nos ofrece. Naqueles días, preferíamos aceptar soamente propostas nas que nos fixese moita ilusión participar ou por que nos apetecese moito. O máis importante para nós era gozar no escenario, egoistamente, tanto ou máis que o público, e se caes en certa rutina ou non tes nada nova que ofrecer, mellor desaparece por un tempo, e non aburras ao público dándolle a sensación de que pagou dúas veces por ver o mesmo show. O ano pasado estivemos por Francia encabezando un par de festivais, tamén actuamos con Dave Barker naquela homenaxe que se lle fixo ao desaparecido Laurel Aitken en Valencia e algunha cousa máis.

Pero o máis importante é que en todo este tempo estivemos escribindo e gravando no noso laboratorio e moito dese material estará pronto xirando nos tocadiscos de moita xente".

Los Granadians del Espacio Exterior - una chica me dijo una vez


www.granadians.com

60's Italia I: Rocky Roberts

Rocky Roberts nasce a Miami Beach (Florida) il 23 agosto 1941. Dopo aver prestato il servizio militare come marinaio sulla portaerei "Independence", e dopo una breve esperienza pugilistica che gli causa la frattura di una mandibola, sul finire degli anni '50 inizia a dedicarsi alla musica soul e al rhythm'n'blues.

In seguito viene ingaggiato dal gruppo degli "Airdales". Parte per l'Europa, precisamente in Francia, dove si esibisce per tre anni nei locali notturni della Costa Azzurra. A Cannes, nel 1964, Rocky Roberts vince il campionato internazionale di Rock'n'roll.

Successivamente giunge in Italia. Rocky Roberts viene notato da Renzo Arbore e da Gianni Boncompagni che gli affidano l'interpretazione del brano "T.Bird", sigla della trasmissione radiofonica "Bandiera Gialla".

Nel 1967, valorizzandola con le sue doti di ballerino e la sua grinta intrisa di Rhythm'n'blues, Rocky Roberts incide "Stasera mi butto", il brano che resterà per sempre legato al suo nome e alla sua immagine, che continuerà a cantare con grande successo per gli oltre 30 anni successivi. Il brano vince il Festivalbar e raggiunge il vertice della classifica dei dischi più venduti, restando in vetta per alcune settimane.

Il cantante è spesso invitato a partecipare a show e spettacoli televisivi. L'artista consolida il successo interpretando altre canzoni ("Per conquistare te", "Se l'amore c'è", "Just because of you", e altre) fino a riconfermarsi con il celebre brano, dall'impronta decisamente ballabile, "Sono tremendo".

In coppia con Robertino, nel 1969 Rocky Roberts partecipa al Festival di Sanremo con la canzone dalla vena melodica "Le belle donne". Anche l'anno successivo interviene all'importante manifestazione canora, proponendo insieme al "Supergruppo", il brano "Accidenti".
Dopo aver girato l'Europa, soprattutto Francia e Spagna, con lunghe tournée, Rocky Roberts riparte poi per l'America.

Poi si ristabilisce nuovamente in Italia: nonostante sia molto impegnato con apparizioni dal vivo, tournée all'estero e partecipazioni a programmi televisivi, Rocky Roberts torna spesso in sala d'incisione. Rivisita i suoi intramontabili successi e realizza alcune cover anni '60, appartenenti alla grande tradizione del genere Soul e Rhythm'n'blues, ispirandosi al grande Otis Redding.

La sua figura è nota per i suoi enormi occhiali, il suo modo elettrico di ballare, per la sua irrefrenabile energia, nonchè il suo sorriso e la costante voglia di divertirsi.

Malato da tempo Rocky Roberts si è spento a 63 anni, il 14 gennaio 2005.
Questa biografia è stata copiata di: www.biografieonline.it

Rita Pavone & Rocky Roberts - gira gira (1968)

martes, 19 de febrero de 2008

VIVA A REVOLUCIÓN



Chegou a hora na que o factor intervencionista dos Estados Unidos está mais alerta.


A partires de agora probablemente Cuba volva a convertirse (como en tempos de Fulgencio Batista) no burdel de norteamerica, si, pero chea de hamburgueserías e demais multinacionais useñas que coidarán de que o pobo cubano non pase fame, E UNHA MERDA!!!


Así remata a historia dun pobo coas mellores politicas sociais do mundo, pero nunca foi suficiente a ollos internacionais (incapaces de contradicer ao xigante opresor norteamericano).

Agora a disidencia en Miami frotarase as mans intentando quedarse con unha porción da tarta.







"A revolución é sentido do momento historico, é cambiar todo o que debe ser cambiado, é igualdade e liberdade plena, é ser tratado é tratar aos demais como seres humanos, é emanciparnos por nos mesmos e cos nosos propios esforzos, é desafiar poderosas forzas dominantes dentro e fora do ámbito social e nacional, é defender valores nos que se cre a prezo de calquer sacrificio, é modestia, desinterés, altruismo, solidaridade i heroismo, é non mentir xamais nin violar principios éticos, é convicción profunda de que non existe forza no mundo capaz de aplastar a forza da verdade e as ideas. Revolución é unidade, é independencia, é loitar polo noso soño de xustiza para Cuba e para o mundo, que é a base do noso patriotismo, o noso socialismo e o noso internacionalismo".


Fidel Castro


BOA SORTE COMANDANTE!!!

jueves, 7 de febrero de 2008

Roma, se stasera sono qui per te...

Ciao amici!

Aquí vai o derradeiro vídeo da miña estancia en Italia. Por ser o último, non quere dicir que sexa o mellor. Iso sí, Roma è più bella, ma non troppo.

Ah!, en Calabria a vida segue igual:

Vasta operación antimafia en Calabria, sur de Italia
28/1/2008 - 17:27(GMT) Numerosos exponentes políticos de Calabria, sur de Italia, fueron detenidos este lunes en el marco de una investigación antimafia por el asesinato de un consejero regional en 2005, indicaron autoridades locales.

"En total 47 personas están siendo investigadas, de las cuales 18 recibieron orden de captura por lazos entre mafia, política y administración pública", explicó a la AFP el coronel Leonardo Alestra."Según nuestra investigación el asesinato en octubre de 2005 del consejero regional Francesco Fortugno fue obra de la mafia calabresa, la Ndrangheta", agregó.

Arrivederci ragazzi!

Audio: Giuliano Palma & The Bluebeaters - tutta mia la città

miércoles, 6 de febrero de 2008

AS CANCIÓNS DA SEMANA (FEBREIRO 2008)




Si amigos, xa chega unha nova entrega desta sección de IAUGANAIALMA, as cancións que non parei de escoitar este mes (entre outras porsuposto), son:


-"catch the breeze" SLOWDIVE

-"feed me" ADORABLE

-"estrellas" AUSTRIA

-"mais heteros" PROJECTO MOURENTE

-"by your side" IRENE


Mmmm, Mourente e Austria, dous proxectos pontevedreses que podrian dar o broche de ouro no fin de festa dos dous dias do ARTENATIVA 2008, non estaría mal para rematar bailando.

viernes, 1 de febrero de 2008

AUSTRIA

O pasado sabado día 26 de xaneiro desplazamonos a Pontevedra para asistir ao concerto de Austria na sala Karma.

Como soe ser habitual, chegamos co tempo preciso para coller sitio, estudiar a acustica da sala (bastante boa por certo)... vale e para que de tempo de ter xa un puntillo cando o grupo saia a escena e así poder corear e bailar como si estibeses tolo sen que che importe unha merda que te mire con cara rara un friki con gafas de Roy Orbison e jabán ata os pes... ou así.

Nada mais entrar, Pedro Berbel (ex Brandel Mosca ou Killer Barbies e actual baixista de Thee Tumbitas), achegouse a nos, xa que lle dixeramos que seguramente pasariamos por alí, para preguntarnos como ía o tema do ARTENATIVA, e puiden comprobar que este barcelones afincado en Pontevedra fala un galego perfecto, mil veces mellor por exemplo que o da Ilustrisima Conselleira de Sanidade, Dona María José Rubio.

Cando Pedro (baixo e voz) e Oscar Tercero (programacións, guitarra e voz) subiron ao escenario, non sabiamos moi ben o que nos iamos encontrar, xa que os directos de este tipo de grupos electropop moitas veces non se carazteriza pola súa calidade, pero non foi o caso, xa que Austria ten un directo moi disfrutable e bastante currado.

Tocaron temas nos que predominaban as programacions electronicas na onda Depeche Mode ("trip") aos que versionaron facendo unha fantastica versión do "Enjoy the Silence" e outros mais pop como por exemplo "estrellas" (verdadeiro himno pop) nos que se achegaban mais a Family ou incluso a Dar Full Full. Tamen versionaron moi acertadamente "Centro di Gravita" de Franco Battiato.
Que?, non estarian mal para acabar bailando un dos dous dias do ARTENATIVA deste ano, e?


Ao remate do concerto saimos pola fermosisima zona antiga de Pontevedra confraternizando coa fauna local e coñecendo novos locais moi acordes cos nosos gustos.


Despois Lhilho trouxonos á casa.

martes, 15 de enero de 2008

Arrivederci Calabria!

Ciao a tutti!

Este vai ser a derradeira entrada publicada neste noso blog desde a bella Italia. Hoxe è meu ùltimo dia en Vibo Valentia, mais non chegarei à casa ata o 19 (ou quen sabe debido aos problemas cos billetes de aviòn); xa que tomareime tres dias de descanso en Roma debido ao estrès provocado polo intensisimo traballo realizado eiqui.

Comentar que estades todos invitados à festa que se realizarà cando chegue, podendo gozar dos deliciosos manxares e licores calabreses-italianos (senza picante non c'è vitta).

A presto amici e ci vediamo il 19!

jueves, 3 de enero de 2008

AS CANCIÓNS DA SEMANA (xaneiro 2008)


boas amigos e amigas, na primeira entrega no 2008 deste apartado de IAUGANAIALMA, teño que dicir que o primeiro disco que escoitei este ano, a iso das 00:15 do 1 de xaneiro, foi o REGODOBARGO de Suso Vaamonde (por certo, aproveitei este momento previo á primeira gran festa do ano para dar boa conta da miña hixiene corporal, xa que non ia sobrado). Despois de lavar os sobacos e os pes, puxen o BEAT SURRENDER de The Jam para sair da casa con un pouco de marcha, ( que se me cortou na festa á que acudín xa que dj ernst estaba pinchando clasicos do tipo de Rihanna, pero sobre a esa festa xa falarei en outra ocasión).


Ben, pois estas son as cancións:


-deus fratresque gallaecia SUSO VAAMONDE (letra de Alfredo Brañas)

-town called malice THE JAM

-mars bars UNDERTONES

-all or nothing SMALL FACES


-no tiene por que ser así NIPPLE ATTACK


Non c'è niente da fare...


Hola de novo a todos!

Antes de nada desexar un buon anno e auguri a tutti. Nesta nova entrada publicarei o vídeo da viaxe a Pisa, Florencia, Siena, San Giminiano e Lucca. Desta volta non redactei a súa correspondente crónica debido a que estas datas son para o descanso e non para traballar (hai un tempo para todo).

Pois máis nada e até a próxima.

Audio: Los Imposibles - keep trying