jueves, 10 de julio de 2008

A dinamo da bicicleta

A enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma. Combo Dinamo é unha mutación sufrida polos Mistakens. Produciuse unha transformación, como cantan eles, isto non "é máis do mesmo". En Combo Dinamo a máis mínima fricción das púas e baquetas coas cordas e parches das súas guitarras, baixos e batería produce unha corrente sonora directa, plasmada agora en trece cancións inductivas e adictivas que dan voltas sen parar na bobina de das orellas desde o primeiro impacto. Amplifícase así a milagre da termodinámica musical: cando o empeño entra en contacto coas grandes composicións, as gañas e a contundencia, a actitude e a melodía, saltan as chispas do talento que dan forma ó seu primeiro disco.
O programa Satelitres que dirixe Charlie "tío grande" Faber, seleccionou o LP como disco da semana (do 21 ó 25 de xaneiro). Ah, para esa panda de ex-convictos e criminais do Artenativa, fagan caso al Charlie e traian a Combo Dinamo para o 2009. Grazañas.
Ci vediamo!

Copiar e pegar from: www.myspace.com/combodinamo

Combo Dinamo - más de lo mismo

No hay comentarios.: