martes, 3 de junio de 2008

Los Granadians del Espacio Exterior voltan á carga !

Si, os anos de espera desde o seu anterior disco foron un martirio para os seus fieis seguidores. Ademais as súas actuacións en vivo durante este período, aínda que espectaculares, cóntanse cos dedos das mans, e limitáronse a aparicións especiais e case "segredas", sendo só uns poucos de miles de afortunados os que poden dar crédito diso.


Todo isto construeu a crear un clima de incertidume no que fai referencia á actividade destes músicos, e algúns disparaban ruxerruxes sobre unha posible separación.


Pero Los Granadians del Espacio Exterior regresaron cun novo vinilo baixo o brazo:


"Creo que se esaxerou un pouco, De verdade pasou tanto tempo? Non temos a sensación de estar tan perdidos no espazo como pensan algúns. Ben é certo que o éxito que obtivemos co noso primeiro LP chegounos sendo moi mozos como para afrontalo con mesura. Todo nos pillou por sopresa: a fama, os excesos, os egos e as dubidosas intencións de terceiras persoas case fan que a nosa carreira se nos fose das mans. A esperedísima xira de presentación de "El temperamental Sonido de Los Granadians Vol.1" coincidiu coa saída ao mercado do single que fixemos con Dave Barker, todo foi moi seguido, e depois, ese mesmo ano fixemos aquelas actuacións como banda de Derrick Morgan baixo pseudónimo, en Alemaña e en Madrid. Encántanos Derrick Morgan, xa no 2003 fixémoslle un single, e é un privilexio tocar con el, é unha auténtica estrela, e xa que logo non queriamos que o público acudise a ver a "Los Granadians", senón ao propio Derrick, ademais, non tocamos ningunha canción nosa naqueles concertos.


Nunca fumos partidarios de facer moitas actuacións nin de tocar en todo o que se nos ofrece. Naqueles días, preferíamos aceptar soamente propostas nas que nos fixese moita ilusión participar ou por que nos apetecese moito. O máis importante para nós era gozar no escenario, egoistamente, tanto ou máis que o público, e se caes en certa rutina ou non tes nada nova que ofrecer, mellor desaparece por un tempo, e non aburras ao público dándolle a sensación de que pagou dúas veces por ver o mesmo show. O ano pasado estivemos por Francia encabezando un par de festivais, tamén actuamos con Dave Barker naquela homenaxe que se lle fixo ao desaparecido Laurel Aitken en Valencia e algunha cousa máis.

Pero o máis importante é que en todo este tempo estivemos escribindo e gravando no noso laboratorio e moito dese material estará pronto xirando nos tocadiscos de moita xente".

Los Granadians del Espacio Exterior - una chica me dijo una vez


www.granadians.com

No hay comentarios.: