martes, 16 de octubre de 2007

Los Granadians rides again


Voltan á carga este xove conxunto que demostrarán unha vez máis o seu exquisito gusto polos ritmos de moda comos son o rocksteady ou o reggae sen esquecernos do garage mexicano dos 60 ou outros ámbitos como a ciencia ficción. A banda goza do recoñecemento de crítica e público, sendo a prensa británcia especializada quen define o seu son como: "...crunchy, jerky, esoteric!".



Los Granadians están preparando a saída do seu novo álbum que vera luz a finais de 2007. Todos e cada un dos temas serán hits. Algúns dos cortes gravados ata agora son "Una chica me dijo una vez", "Te puedes marchar", "Dulce sensación", "Hanna"...todos estes con marabillosas letras en castelán. Ademais destos, haberá os clásicos instrumentales cos característicos killers de hammond da man de Teddy Boy. A banda tamén gravou algúns videoclips para a pequena pantalla.



Agardaremos a que dunha vez por todas toquen en Galicia, como o fixeron non fai moito, os seus vecíños de Granada como son Red Soul Community.



Outro boa noticia para os amantes do 60's ska-cool rocksteady-early reggae. The Skatalites, a banda máis mítica de Xamaica, tocará por primeira vez en Galicia. Será o 10 de novembro en Vigo na Sala A!.


Video clip so seu anterior álbum 'El Temperamentel Sonido de Los Granadians': 'Terror Suspenso Reggay Sideral' (http://www.youtube.com/watch?v=xuq2JhA7gio)


2 comentarios:

O cochi´s dijo...

Novo blog nevedopais.blogspot.com

louren x dijo...

vou ter que poñerte a parir por utilizar expresions como, "alguns cortes gravados" ou "caracteristicos killers de hammond" vaia flipado...
mira a critica das paxinas de cochi.