jueves, 28 de agosto de 2008

Is time of vacations (ben merecidas ou!)

Pois iso, vacacións e desconexión. A presto bambini!

O grande Fernando Esteso interpretando un temazo soul no 1975. Canción escrita e producida por....Lauren Postigo!!!

Este gran home con bigote destrozando o clásico One Step Beyond de Prince Buster, popularizado polos Madness. Xa quedaban lonxe os tempos de Conexion, o mellor que fixo El Saxofonista Cobos en toda a súa prolífica carreira.

Pili y Mili son unhas xemelgas orixinarias de España que filmaron películas no sesenta e principios dos setenta. Vexan eiquí unha actuación ben bizarra dunha película que filmaron en México.

viernes, 15 de agosto de 2008

60's Italia IV: Patty Pravo

Nicoletta pasa os primeiros anos da súa adolescencia coa súa avoa, naqueles anos coñeceu ao cardeal Angelo Roncalli (o futuro Papa Xoán XXIII) e ao poeta americano Ezra Pound. Sendo nena estuda danza e piano, inscríbese nun curso de dirección de orquestra, é unha apaixonada do rythm'n'blues e empeza a ser coñecida co nome de Guy Magenta, actúa a miúdo no lendario Piper Club, lugar de culto, onde é descuberta polo axente Alberigo Crocetta, que foi quen lle puxo o nome artístico de Patty Pravo ("veloz como a vida dos mozos"). En 1965 grava a súa primeira aparición cinematográfica "Passeggiando per Subiaco", a día de hoxe inédita, dirixida e producida por Tullio Piacentini. Entre outros cantautores está presente o mozo Lucio Dalla coa canción "Il ceo". En 1966 grava o seu primeiro single coa discográfica ARC Ragazzo triste (versión italiana de But you're mine de Sonny Bono) e para a "moza do Piper" é só o primeiro dunha serie de éxtios con cancións soadas a medio camiño entre o beat e a canción melódica: en 1967 Qui e là, Se perdo che e especialmente en 1968 La bambola, un disco de 45 revolucións con éxito mundial e nove millóns de discos vendidos. Posteriormente canta Sentimento, Gli occhi dell'amore, Tripoli'69, Il paradiso (de Lucio Battisti) e Nel giardino dell'amore ("Rain" de José Feliciano). Para a gravación dos seus discos e concertos en directo no Piper Club, e o Cyan Three forma un grupo inglés, casaría coa batería, Gordon Fagetter; o grupo acompáñaa nos primeiros anos da súa carreira. En 1969, Crocetta e Rca proponlle gravar un album acompañada por unha orquestra, co nome de Concerto per Patty.

Patty Pravo - la bambola (1968)


Patty Pravo - il paradiso (1969)

domingo, 3 de agosto de 2008

Nota de prensa

Debido ás presións dun marxinal grupúsculo paramilitar que utiliza modos mafiosos, véxome na obriga de crear esta nova entrada. Saúdos democráticos e asemblearios de Robert Mobuto, que acaba de confirmar a súa asistencia ó Artenativa 2008.