jueves, 31 de julio de 2008

Lugo eche do que non hai

>>> É eiquí un botón <<<

lunes, 21 de julio de 2008

60's Italia III: Rita Pavone

Naceu en Torino o 23 de agosto de 1945, comezou a súa carreira cando a descubriu Teddy Reno quen fora o seu representante e máis tarde o seu flamante marido. O 1 de setembro de 1962, comeza a historia musical desta grande cantante italiana; cantantes vidos de todas partes de Italia reuníronse para as finais do «Primeiro Festival dos Descoñecidos», un concurso organizado para descubrir novos talentos. Unha rapaza pequena, indecisa, tímida e calada, mais confiada e explosiva cando canta, bátese contra todos os concursantes. O seu triunfo é tan sensacional que os presentes teñen a sensación de que viran nacer unha estrela auténtica no mundo da canción. Leva case un millón de exemplares vendidos de só tres cancións, «Allá mia eta», «La Partita di Pallone, e «Come te non C’e Nessuno», que son tarareadas, silbadas y cantadas por todos. As grandes revistas dedícan páxinas enteiras e as boites dispútanse as súas actuacións. >>> http://www.ritapavone.it/ <<<

Rita Pavone - la partita di pallone (live)

Rita Pavone - datemi un martello (1964)

Para máis información xeneralista, non deixen de visitar:

www.myspace.com/mike_lois

jueves, 10 de julio de 2008

A dinamo da bicicleta

A enerxía nin se crea nin se destrúe, só se transforma. Combo Dinamo é unha mutación sufrida polos Mistakens. Produciuse unha transformación, como cantan eles, isto non "é máis do mesmo". En Combo Dinamo a máis mínima fricción das púas e baquetas coas cordas e parches das súas guitarras, baixos e batería produce unha corrente sonora directa, plasmada agora en trece cancións inductivas e adictivas que dan voltas sen parar na bobina de das orellas desde o primeiro impacto. Amplifícase así a milagre da termodinámica musical: cando o empeño entra en contacto coas grandes composicións, as gañas e a contundencia, a actitude e a melodía, saltan as chispas do talento que dan forma ó seu primeiro disco.
O programa Satelitres que dirixe Charlie "tío grande" Faber, seleccionou o LP como disco da semana (do 21 ó 25 de xaneiro). Ah, para esa panda de ex-convictos e criminais do Artenativa, fagan caso al Charlie e traian a Combo Dinamo para o 2009. Grazañas.
Ci vediamo!

Copiar e pegar from: www.myspace.com/combodinamo

Combo Dinamo - más de lo mismo

martes, 1 de julio de 2008

A que hora é o partido?



Hola amigos! Come vai?
É esta unha pequena reportaxe fotográfica dalgún que outro paseo pola Comunidade Autónoma de Lugo (Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, encoro de Belesar e Monforte de Lemos).
Para amenizar, nada mellor que unha xoia de vídeo dos Small Faces acompañados pola grande P.P. Arnold (la del angel of the mornimg, neno!); no ano 1968 nunha televisión de Bélxica.
Saúdos e ata a próxima.

Small Faces & P.P. Arnold - tin soldier (colour)