O pasado sabado día 26 de xaneiro desplazamonos a Pontevedra para asistir ao concerto de Austria na sala Karma.
Como soe ser habitual, chegamos co tempo preciso para coller sitio, estudiar a acustica da sala (bastante boa por certo)... vale e para que de tempo de ter xa un puntillo cando o grupo saia a escena e así poder corear e bailar como si estibeses tolo sen que che importe unha merda que te mire con cara rara un friki con gafas de Roy Orbison e jabán ata os pes... ou así.
Nada mais entrar, Pedro Berbel (ex Brandel Mosca ou Killer Barbies e actual baixista de Thee Tumbitas), achegouse a nos, xa que lle dixeramos que seguramente pasariamos por alí, para preguntarnos como ía o tema do ARTENATIVA, e puiden comprobar que este barcelones afincado en Pontevedra fala un galego perfecto, mil veces mellor por exemplo que o da Ilustrisima Conselleira de Sanidade, Dona María José Rubio.

Cando Pedro (baixo e voz) e Oscar Tercero (programacións, guitarra e voz) subiron ao escenario, non sabiamos moi ben o que nos iamos encontrar, xa que os directos de este tipo de grupos electropop moitas veces non se carazteriza pola súa calidade, pero non foi o caso, xa que Austria ten un directo moi disfrutable e bastante currado.
Tocaron temas nos que predominaban as programacions electronicas na onda Depeche Mode ("trip") aos que versionaron facendo unha fantastica versión do "Enjoy the Silence" e outros mais pop como por exemplo "estrellas" (verdadeiro himno pop) nos que se achegaban mais a Family ou incluso a Dar Full Full. Tamen versionaron moi acertadamente "Centro di Gravita" de Franco Battiato.
Que?, non estarian mal para acabar bailando un dos dous dias do ARTENATIVA deste ano, e?
Ao remate do concerto saimos pola fermosisima zona antiga de Pontevedra confraternizando coa fauna local e coñecendo novos locais moi acordes cos nosos gustos.

Despois Lhilho trouxonos á casa.
4 comentarios:
bonita crónica, faltouche dicir cando te perdeches en PO porque nunca viras edificios de máis de 3 plantas eh!!
veña Antroido veña..........
Aos Austria tinha-lhes eu gana, ho! Será para outra... Saudinhos!
non me perdín, so que de noite desorientome un pouco
Pudeches tardar un pouquiño mais , un mes o asi ,,,,a ti o que te desorienta sei eu ben o que...pardillooooooooo
Publicar un comentario