jueves, 6 de diciembre de 2007

Benzina ou diesel?


Hola de novo a todos! Desta volta resumirei a viaxe realizada a anterior fin de semana polo sur de Italia visitando Tropea, o Parco Nazionale della Sila, I Giganti, Cosenza, Stilo e diversos lugares da Calabria.

Comezamos a xornada recollendo os coches de aluguer en Vibo Valentia, iso si, co seu correspondente retraso. Despois disto, partimos destino á costa da provincia vibonesa visitano a cidade turística de Tropea (lugar onde habitan moitos ingleses) e algo que debía ser o Capo Vaticano.

A seguinte parada foi o Parco Nazionale della Sila. Visitamos os lagos de Cecina e Arbo que son realmente impresionantes, destacando a presenza de algún can-branco-lobo e pouco máis. A única incidencia foi o atobamento do coche (non conducía eu!) nunha cuneta chea de lama, polo que houbo que pedir axuda para seguir a marcha.

Xa entrada a noite desprazámonos á capital da movida calabresa, como é Cosenza. Creo que o concepto de movida é moi diferente ao noso, aínda así tomamos unhas copas e voltamos para a escura Vibo Valentia.

Ao día seguinte andivemos ata o tacón da bota, parando a comer nun sitio que non me lembro o nome e despois disto ascendemos ata Stilo. Este é un lugar realmente fermoso e cunhas vistas incribles.

Foi esta a derradeira parada antes de emprender a marcha cara a casiña. Foi entón cando pasou a maior incidencia a destacar. Paramos a repostar, e cal foi a sorpresa que o Fiat Panda era a gasolina (benzina), e nós botámoslle diesel. Despois de andar quilómetro e medio a máquina parouse e xa non voltou a arrincar máis. Probamos a quitarlle o combustible cun tubo, encherlle o depósito con gasolina e empurralo; mais nada. Tivemos que deixalo alí e ao día seguinte catro intrépidas aventureiras foron rescatalo e buscaron un mecánico que xustificara nun papel ante Hertz que o fallo foi do coche.

Pois isto foi todo polo de agora. Como podedes observar non estou moi falador, mais para a próxima semana comentarei máis polo miúdo as miñas experiencias por Palermo (Sicilia).

Saúdos enxoitos en licor café! Grazie amici!

Arrivederci.

Audio: Adriano Celentano - due tipi come noi

6 comentarios:

Anónimo dijo...

bonito video miguel, pero outra cousa non haberá en Galiza pero praias, vacas, cans e burros ao volante non hai q ilos a buscar a italia.

Anónimo dijo...

ven falado toro noise. pero si ata está o famoso "can blanco" que había en Baño de Abaixo!!

O cochi´s dijo...

Mira que hay que ser gañán , vaia imaxe deixamos polo mundo a diante , meus deus

Anónimo dijo...

por certo, as sardiñas son a churrasquiña

marcos dijo...

como es tan guai con esa pose tan ben traballada

Anónimo dijo...

Ciao!
Creo que està sobradamente demostrado que son un magnigico condutor, foi simplemente un fallo de comunicazione entre Hertz e nòs; ou iso creo.
Arrivederci ragazzi!