Saluti a tutti!
A miña vida pola Calabria segue avanzando de forma lenta, mais segura. Xa rematei co “estupendísimo” curso de italiano; e como vos imaxinaredes, moito non é que controle. Isto non é unha cousa que me preocupe, porque un idioma non se aprende nunha aula, senón no día a día da vida real. Aquí quedaría ben decir que se aprende nos bares, mais como aquí hai poucos, mellor estar caladiño.
Comecei a mediados da semana pasada coas práticas de empresa. Estou “traballando” na prestioxiosa adega de viño e enoteca Cantina Ciccone Rocco de Mileto. Creo que a palabras adega lle queda algo grande, xa que embotellan o viño que compran en Sicilia (persoalmente carece bastante) e comercializan algún baixo marca propìa. Outra cousa é a tenda de viños. Considero que ten un nivel medio-alto, cunha extensísima gama de viños italianos, champáns, grapa, aceites de oliva virxes, wishkey… Entre a súa clientela habitual, destaca ese gran cantante italiano que se chama Albano (agardo quitarme unha foto con el!). Unha das cousas das que non me gusta este traballo, é que hai coller o autobús desde Vibo Valentia a Mileto; aturando desta maneira á irrespetuosa chavalada vibonesa que peregrinan devotamente ao Vibo Center (centro comercial e case única forma de ocio en VV).
Pois polo de agora, isto é todo. Quero dar de novo as grazas por ese paquetiño de elevada graduación alcólica e que agardo desesperadamente. Cando volte, xa farei unha festa con manxares e licores italianos. Tentando poder facer outra viaxe e escribir un artigo (moi aclamados os anteriores) sobre esa, despídome. Saúdos a todos e especialmente a Alba, Anais, Chelo, Mari, María R., María Esteiro, Natalie, Olalla e Patricia.
Arrivederci!
7 comentarios:
ke tal italian bambina top ten?
mmmm sintoo moito pero o paquetiño vaise retrasar uns dias por motivos loxisticos, agardo q chegue a destino na primeira semana de decembro.
se chegha.ó mellor pasanlle o mesmos cos cd-r ingleses,e algún o adoptao.
Entrevista a Noise Project en Sono-Tone
creo que vamos a tener que acercarnos a italia para darle mas de cuatro mamporrazos a este friky de valga.
fdo. Iauganospes
michellino por nos como si te quedas ahi rscando o carallo e a est@s do castellano xa lles vale ....non hai peor cousa cos renegad@s do arado.saudos de "pirolaloca".
Publicar un comentario