miércoles, 7 de noviembre de 2007

Per favore, lo indichi sulla cartina?

Hola de novo a todos! Nesta segunda reseña describirei as miñas impresións sobre os lugares nos que estiven ultimamente na “bella” Italia. Isto é: Napoli, Pompei, Cava di Tirreni e Salerno. Alén disto, tentarei respostar ás cuestións plantexadas nos comentarios do primeiro artigo, nos que se facían referencia a temas tan transcendentais como droga, alcol, tabaco, chatis ou fútbol.
Entrando xa en materia, comezarei falando da cidade máis semellante a Buenos Aires de Europa, Napoli. Despois de tres horas de tren, chegamos á Stazione Centrale di Piazza Garibaldi, onde xa te avisaban que se debería ter sempre as mochilas á vista. E vendo á fauna que habitaba a estación non era de estrañar.
Despois de deixar a equipaxe no hostal, primeira toma de contacto coa cidade. O primeiro que chama a atención é a cantidade de lixo que hai en todas as rúas, xa sexa na zona de tendas de luxo (Inditex omnipresente!) como en barrios non recomendados polas guías turísticas. Outra cousa a destacar é a figura do personaxe máis influinte, e polo tanto máis importante, de Napoli: Diego Armando Maradona. As bandeiras e fotos coa súa imaxe están en todos lados. Incluso hai un bar que garda un pelo del e teno exposto nunha vitrina a modo de altar. Seguindo un pouco co tema bar, fomos comer á pizzería máis antiga do mundo. Había que coller número e agardar mínimo unha hora. Iso si, estaban boísimas e ademáis eran baratas. Só un fallo: os baños. Co conto que é a máis antiga, non se limpan, e cando vas a eles non eres capaz de respirar (ideal para Sr. Wuainai, que frecuenta restaurantes tipo O Fogar do Santiso). Unha cousa moi boa de Napoli é que ten unha vida incrible, todo tipo de xente e moitos locais onde confraternizar e pasalo ben. Todo o contrario que Vibo Valentia onde todo o mundo viste igual e só hai un pub recomendable: o Jumpin’ Up de estética 70´s funk e música aceptable.
Falando xa do lado escuro da cidade; hai que saber por onde se anda, xa que hai sitios realmente perigosos, onde podes ver como rouban un coche en directo. Paseando polo porto vense os grandes contedores procedentes de Oriente e Occidente e onde as falsificacións de todo tipo van ser misturadas coas orixinais. A diversión segue coa droga, na que a base da pirámide a forma un neno de 12 anos. Aos 14-16 xa podes ter a túa moto e o teu propio ferro (pistola). Estes aprendices de delincuentes viaxan por toda a cidade, dirixíndose ás cristalarías das grandes cadeas comerciais para probar a arma. Os cristais rematan cheos de proxectís, mais os comerciantes non os cambian polo reclamo turístico que supón. Ao final, as aseguradoras funcionan a medias coas principais cristalarías do país, controladas pola Camorra. Se a alguén lle interesa este tema, recoméndolle o libro de Roberto Saviano “Gomorra: Un viaje al imperio económico y al sueño de poder de la Camorra” da editorial Debate.
De monumentos ou museos, abstéñome de comentar nada xa que está todo escrito e dito. Realmente é unha cidade auténtica, ruda, tosca, onde se discute salvaxemente en calquera esquina por unha parida e dache a sensación de que calquera cousa pode ocorrer no momento en que menos o agardas. Totalmente recomendable a súa visita.
Viaxamos agora de Napoli a Pompei (Pompeia). Despois de pagar os regulamentarios 11 euros, entramos na cidade que foi sepultada polo Vesuvio o 24 de agosto do ano 79 d.c. baixo un río cinzas, lapilli e lava. Nada máis poñer o pé na cidade, impresiona vela xa que é realmente grande e te ves superado pola omnipresenza de pedras e manadas de xaponese excitados. Despois de estar alí máis de tres horas percorrendo as súas rúas, dache a sensación que xa viches todo e che resulta repetitivo; mais non, recomendan un día enteiro para vela ben. Sen dúbida recomendable, aínda que quizais para un filósofo da enxeñaría coma min, se me fai un pouco pesada.
Fomos a Cava di Tirreni porque era o sitio onde tiñamos o hostal. Este era propiedade da Igrexa, aínda que o cheiro que predominaba en recepción non erá incienso, senón un cheiro que lle sería moi familiar ao xefe de Neve do País. Nunca oira falar desta cidade; é un tipo Vibo Valentia en tamaño, mais só niso. Ten un casco vello moi fermoso e cunha vida nocturna máis que aceptable. A destacar o número de locais onde se escoitaba jazz e restaurantes de grande nivel, esteticamente falando.
Despois de media hora de tren, chegamos a Salerno. Moi fermosa tamén, semellante a Cava di Tirreni, mais moito máis grande. A destacar o paseo marítimo, o casco antigo e as vistas dende Il Giardino della Minerva (o xardín botánico máis antigo de Europa). Foi Salerno a derradeira parada antes de partir para a gris Vibo Valentia.
Respostando agora aos comentarios do primeiro artigo, comezarei falando das chatis. Que decir, hai de todo, mais destacan as hipermaqueadas conducindo os seus fermosos Mini Cooper´s ou Smart´s. As copas e o tabaco son carísmos. A modo de exemplo: un Gyn-Tonic vale cinco euros (un Martini o mesmo) e un paquete de Chesterfield custa 3,60 euros. As drogas supoño que as haberá; como en todos lados. Segundo a prensa local, está pegando moito ultimamente o md (“miedo me da” para os iniciados no tema). Aparte disto, supoño que haberá todo tipo de sustancias estimulantes. Como podedes imaxinar, a droga está nas mans da mafia. O fútbol é o deporte rei, seguido polo volley, ciclismo, Valentino Rossi e Ferrari. O equipo de Vibo Valentia é a Vibonese, que milita na Serie C2-C e na que xoga un español. Na rexión de Calabria só hai un equipo na Seria A, a Reggina. Agardo que o capo de Pena máxima quede satisfeito con esta breve reseña de deporte.
Pois isto é todo polo de agora. Agardo que ese paquetiño con licores galaicos varios estea preparado. Xa vos mando eu o enderezo ao que o tendes que enviar.

A PRESTO!





Audio: Jackie Trent - you baby

8 comentarios:

Anónimo dijo...

no cuelgues fotos de pavas que es una pena

marcos dijo...

BIRRERIA patricia TATO`S DI CALIO`SALVATORE
Indirizzo e Recapiti

V. LONGOBARDI 18
CAP 89900 VIBO VALENTIA VV
il tutto locale de ambiente

Anónimo dijo...

queremos mais fotos, sobre todo de pavas borrachas e salidas..


..come-iaeguas!!!

Anónimo dijo...

O teu cerebro si que é unha entelequia. Pretendía poñer un toque literario na crítica do escrito (é o único calificativo que se corresponde co definido), pero despois de ler os comentarios previos, non me queda máis que despedirme. Hai cousas peores.

louren x dijo...

perdoa,o sr. wainai non vai a sitios como o fogar do santiso, mais ben traballase sitios como, toñi vicente, casa solla ou utopia...por exemplo...pronto teras o o teu paquetiño por ahi..bo proveito,con xacobe..
saluti dende galiza

Anónimo dijo...

menos fotos de ruinas, queremos ver fotos das compañeiras de piso


ala veña, talogo..........

xavicoton dijo...

o mijelitooooooo!!! a verdá e que tán de puta madre as tuas descrisións, pero aljuns non lijados a USC non son capases de embriagarse deste espíritu filosóficofo-descriptivo-respostivo. ala viva senra!!

Anónimo dijo...

moi bos os teus artigos sobre o sur de italia,increible en ti que fagas visitas turisticas.Comentarche que esres da escola de lauren x,bo mestre da fotografia contenplativa.
Pronto teras o paquete,eres un ionki do licor cafe.
Un aperta e disfruta,comparte o teu corpo cas chatis.compartir é vivir,