
Sono appena arrivato… e sí, todos os tópicos se cumpren. A Italia profunda da que tanto se oe falar e se vía nas películas existe. Todo o que pasa e hai aquí poderíase resumir nas seguintes palabras: panadarías, mafia, televisión, coches, pizza, pasta…ou afirmar directamente que Vibo Valentia é unha tapadeira en sí.
Comezarei por ese mundo que tanto me apaixona e que damos en chamar televisión; mais non calquera televisión, senón a televisión italiana. O primeiro que chama a atención é a presenza de tías despampanantes bailando, facéndose a atontada e esinando xerorasamente pechamen en todo tipo de programas (e cando digo en todos, digo todos!), por non falar da publicidade. Non quero imaxinarme se aquí existise un "ente" como é Federación de Mujeres Progresistas de España (que pediu a retirada de Escenas de Matrimonio por fomentar a violencia cara as mulleres!!!). Pilar Barden, Cristina del Valle e algunha outra máis terían moito choio e non poderían atender á súa marabillosa e espléndida carreira "artística".
Se houbera que destacar algún programa sería sen dúbida Striscia la Notizia; que aplican á actualidade un moi bo humor (que tome nota Wyoming!). Ah, aquí tamén hai dúas chatis que botan por fora. Como non, en Italia hai ese tipo de series que persoalmente apéstanme: House, Anatomía de Gray, Prison Break, Perdidos ou Heroes, lévaas para a casa! Foi estreada estos días Il Capo dei Capi, a serie italiana máis cara de todos os tempos, e como podedes imaxinar xa sabedes de que pode ir (da mafia quizais?). Realmente aínda é aceptable para ver, mais vivindo con tías, as series citadas anteriormente son prioridade a visualizar.
Outros programas que tamén triunfan son as tertulias-pelexas sobre política, ¿Quiere ser millonario?, Mira quién baila, Hay una carta para ti, programas tipo Noche de fiesta, folklore, relixión (Dios salve al Padre Pío) e outras averracións á intelixencia. Entereime tamén que había unha versión de Los Serrano, mais aínda non logrei vela. Agardo impacientemente.
Falarei agora do tema máis recurrente estando en Calabria, a mafia. Dúas anécdotas a modo de exemplos. O meu pimeiro día aquí, saiu en Calabria TV a colocación dunha bomba a un almacén de froitas, mais non lle fixen moito caso. Fai un par de días cando fomos facer copias das chaves para todos, o escaparate da ferretaría estaba acribillado a balazos! Até este momento pensaba que iso da mafia era unha entelequia, que xa non existía. Vaia inxenuo!
Neste recuncho de Italia, a mafia posúe todas as panaderías e pastelerías. Así que cada vez que se compra pan aquí, os cartos son para a cossa nostra. Como vos podedes imaxinar a economía sumerxida é a que abonda. Isto está cheo de concesionarios de coches de luxo, pequenos talleres de 15 m2 que dan moito que pensar, venda de pan e pasteis en calquer local…
Falando un pouco da cidade, diría que é un tipo Pontevedra. O casco vello de Vibo Valentia está bastante podre e a parte "nova" carece de estética. Ten unha interesante rúa de tendas onde o que máis se ven son esos traxes italianos que relmente están moi ben. As beirarúas, na maioría das veces, non existen e aínda por riba a condución dos nativos é a máis irrespetuosa que vin nunca. Non hai cultura de bares, xa que os hai contados; e non digamos xa pubs, que debe haber tres. Total, aquí non hai a onde saír e nas grandes cidades italianas, ás dúas da madrugada xa non venden alcol. E o peor de todo, non se pode fumar en ningún sitio; discotecas, pubs, bares… Vendo isto, fan a Zapatero bo! Como está o fútbol!
Da comida que se pode decir, magnífica! Todo está boísimo, tanto as pizzas, a pasta, calzones e toda a variadísima cociña italiana. Debido ao extenso do tema e a sapiencia do que escribe, queda para outra ocasión.
Pois isto é todo polo de agora. A ver se alguén que me aprecie me manda unhas botelliñas de licor café ou licores galaicos varios.
A PRESTO!