sábado, 15 de diciembre de 2007

NOTA DA DIRECCIÓN

A dirección de IAUGANAIALMA, vese na obriga de cambiar a frecuencia de saida do seu espacio "AS CANCIÓNS DA SEMANA" , que a partires de agora pasara a ser un espazo mensual.

Asique, xa sabedes, estade atentos a primeiros de cada mes, xa que poderedes ver unha nova entrega de "AAAS CANCIÓÓÓNS DA SEMAAAAANA (o espazo que sae cada mes)"
Ata pronto

martes, 11 de diciembre de 2007

Ma che freddo fa ...

Saúdos de novo a todos! Esta semana farei un pequeno resumo da viaxe realizada a Sicilia os días 7, 8 e 9 deste mes. E como non podía ser doutra maneira, vai acompañado cos seus xa clásicos e aclamados vídeos (e non son do tipo: gravo a autoestrada desde o coche!).

Partimos o venres ás 11 da mañá, iso si, despois de agardar dúas horas en Hertz polos coches. Fixemos unha pequena parada en Mileto para acudir unha pequena reunión informal, e enfilamos a fermosa autoestrada con destino a Villa San Giovanni. Este é o lugar desde onde parten os ferrys destino á illa, e polo que sei, non queren unha ponte que os una xa que é o motor económico do pobo. Aparte disto, lévase querendo facer esa ponte anos, mais a mafia esíxelle ao goberno italiano unha porcentaxe altísima do presuposto ou mesmo colocar ás súas propias empresas construtoras. O traxecto do ferry dura unha media hora e a súa frecuencia é ese mesmo tempo en calquera momento do día.

Desembarcamos en Messina, e nada máis descender co coche, xa me dei conta da carencia de educación vial siciliana (iso si, comparado con Palermo son uns santiños). Estivemos nesta cidade o tempo xusto para repoñer forzas, tomando entón dirección Taormina. Quizais foi este un dos lugares que máis me sorprendeu desde que estou aquí, seguramente por descoñecer a súa existencia anteriormente. É un pobo pequeniño, mais realmente fermoso cunhas vistas ao mar marabillosas e o volcán Etna omnipresente botando un fume ameazante.

Desde Taormina fómonos xa destino á caótica Palermo. Logo das clásicas preguntas respecto á localización do noso Bred & Breackfast, deixamos a equipaxe e desmos unha voltiña pola cidade, recolléndose cedo que había que madrugar.

Ao día seguinte, visitamos toda a cidade cun guía que semellaba case nativo. Palermo lémbrame nalgúns aspectos a Napoli por ser ruda, auténtica, tosca e cunha estupendísima gastronomía. Da arqueoloxía, igrexas ou catedrais pouco comentarei, porque, evidentemente todo está escrito. Xa pola noite gozamos da movida palermitana desenfrenadamente (Gyn-Tonics a 2.50 euros!).

O domingo deixamos Palermo e fomos ás escavacións de Selinunte. Pouco teño que comentar sobre estas sendo eu unha persoa que aplica física á vida, aínda así, son realmente impresionantes. Finalizada esta visita, comemos algo nun pobo a medio camiño entre Selinunte e Palermo e tomamos destino a Vibo Valentia. Só unha incidencia a comentar, o pequeno problema que tivo un dos coches cando o ferry lle embestiu provocándolle unha “pequena” raiadura.

Pois isto é todo polo momento. Esta fin de semana quedamos en VV para disfrutar do Nadal vibonese e a súa magnífica Super Zeppolata (postre típico que é á súa vez doce e salgado).

Saluti ragazzi!

Audio: Rocky Roberts - sono tremendo

jueves, 6 de diciembre de 2007

Benzina ou diesel?


Hola de novo a todos! Desta volta resumirei a viaxe realizada a anterior fin de semana polo sur de Italia visitando Tropea, o Parco Nazionale della Sila, I Giganti, Cosenza, Stilo e diversos lugares da Calabria.

Comezamos a xornada recollendo os coches de aluguer en Vibo Valentia, iso si, co seu correspondente retraso. Despois disto, partimos destino á costa da provincia vibonesa visitano a cidade turística de Tropea (lugar onde habitan moitos ingleses) e algo que debía ser o Capo Vaticano.

A seguinte parada foi o Parco Nazionale della Sila. Visitamos os lagos de Cecina e Arbo que son realmente impresionantes, destacando a presenza de algún can-branco-lobo e pouco máis. A única incidencia foi o atobamento do coche (non conducía eu!) nunha cuneta chea de lama, polo que houbo que pedir axuda para seguir a marcha.

Xa entrada a noite desprazámonos á capital da movida calabresa, como é Cosenza. Creo que o concepto de movida é moi diferente ao noso, aínda así tomamos unhas copas e voltamos para a escura Vibo Valentia.

Ao día seguinte andivemos ata o tacón da bota, parando a comer nun sitio que non me lembro o nome e despois disto ascendemos ata Stilo. Este é un lugar realmente fermoso e cunhas vistas incribles.

Foi esta a derradeira parada antes de emprender a marcha cara a casiña. Foi entón cando pasou a maior incidencia a destacar. Paramos a repostar, e cal foi a sorpresa que o Fiat Panda era a gasolina (benzina), e nós botámoslle diesel. Despois de andar quilómetro e medio a máquina parouse e xa non voltou a arrincar máis. Probamos a quitarlle o combustible cun tubo, encherlle o depósito con gasolina e empurralo; mais nada. Tivemos que deixalo alí e ao día seguinte catro intrépidas aventureiras foron rescatalo e buscaron un mecánico que xustificara nun papel ante Hertz que o fallo foi do coche.

Pois isto foi todo polo de agora. Como podedes observar non estou moi falador, mais para a próxima semana comentarei máis polo miúdo as miñas experiencias por Palermo (Sicilia).

Saúdos enxoitos en licor café! Grazie amici!

Arrivederci.

Audio: Adriano Celentano - due tipi come noi

miércoles, 28 de noviembre de 2007

CANCIÓNS DA SEMANA

Xa chegou a nova entrega de cancións da semana.


_together in stupidity IF LUCY FELL

_like water NISEI

TELEPHONE ROUGES

_metallurgic kids TELEPHONE ROUGES http://viewmorepics.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewAlbums&friendID=157086760

_vote with a bullet CORROSION OF CONFORMITY

_we want the airwaves RAMONES



esta vez a maioria dos grupos son de fora, so temos do pais a os grovenses Telephone Rouges, ainda que os If Lucy Fell non nos pillan moi lonxe.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Qual è il motivo dell suo viaggio?


Saluti a tutti!

A miña vida pola Calabria segue avanzando de forma lenta, mais segura. Xa rematei co “estupendísimo” curso de italiano; e como vos imaxinaredes, moito non é que controle. Isto non é unha cousa que me preocupe, porque un idioma non se aprende nunha aula, senón no día a día da vida real. Aquí quedaría ben decir que se aprende nos bares, mais como aquí hai poucos, mellor estar caladiño.
Comecei a mediados da semana pasada coas práticas de empresa. Estou “traballando” na prestioxiosa adega de viño e enoteca Cantina Ciccone Rocco de Mileto. Creo que a palabras adega lle queda algo grande, xa que embotellan o viño que compran en Sicilia (persoalmente carece bastante) e comercializan algún baixo marca propìa. Outra cousa é a tenda de viños. Considero que ten un nivel medio-alto, cunha extensísima gama de viños italianos, champáns, grapa, aceites de oliva virxes, wishkey… Entre a súa clientela habitual, destaca ese gran cantante italiano que se chama Albano (agardo quitarme unha foto con el!). Unha das cousas das que non me gusta este traballo, é que hai coller o autobús desde Vibo Valentia a Mileto; aturando desta maneira á irrespetuosa chavalada vibonesa que peregrinan devotamente ao Vibo Center (centro comercial e case única forma de ocio en VV).
Pois polo de agora, isto é todo. Quero dar de novo as grazas por ese paquetiño de elevada graduación alcólica e que agardo desesperadamente. Cando volte, xa farei unha festa con manxares e licores italianos. Tentando poder facer outra viaxe e escribir un artigo (moi aclamados os anteriores) sobre esa, despídome. Saúdos a todos e especialmente a Alba, Anais, Chelo, Mari, María R., María Esteiro, Natalie, Olalla e Patricia.

Arrivederci!

Italian top ten by Mike Lois!



Ciao!
Xa que ao meu socio de blog (á par que amigo) Toro Noise, dáselle por facer listas de cancións; aí van as miñas dez preferidas na miña estancia na “bella” Italia.


• Modettes – white mice
• Rico & The Rudies – Brixton cat
• Billie Davis - just walk in my shoes
• The Gayletts - I like your world
• Los 4 Monedas – caminando por la calle
• Timebox – soul sauce
• Phyllis Dillon – make me yours
• Wyder K. Frog - jumpin' jack flash
• Claudette – queen of the world
• Playthings - stop what you´re doing

Ah! e Adriano Celentano.

martes, 20 de noviembre de 2007

CANCIÓNS DA SEMANA

xa chegou a nova entrega de cancións da semana. Esta vez tamén hai varios candidatos a tocar no ARTENATIVA.




_the day before DRENCHING HAZEhttp://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=146187798
_ostras carnicero DIADERMINhttp://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=233858447
_fire walk with me MEQUETREFEhttp://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=177109244
_A55 LOS IRIBARNEShttp://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=89044361
_alas velvetianas SEBASTOPOLhttp://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=59510660


Por certo, falando do artenativa, rumorease que os Noise Project poden estar en negociacions para incorporar no mercado de decembro á cantante de La Oreja de Van Gogh.

lunes, 12 de noviembre de 2007

CANCIÓNS DA SEMANA

Unha nova semana e unha nova entrega de cancións da semana.

_en mi lugar CONGELADOR


_intervention ARCADE FIRE

_basura oh si Pt1 TELEPHONES ROUGES http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=157086760

_danzarei para ti FANNY+ALEXANDER http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=144420199

_anaina para o Che Guevara SUSO VAAMONDE (letra de CELSO E. FERREIRO)http://usuarios.lycos.es/susovaamonde/

A ver, un xogo, de entre estes 5 grupos hai 2 nas quinielas do ARTENATIVA, ¿cales son?

mmmm que complicado, non?

viernes, 9 de noviembre de 2007

ALGO IMPORTANTE SE XESTOU NA NASA

O pasado venres, un continxente chegado dende Valga arribou na Sala Nasa para asistir ao concerto presentación dos discos de Fanny+Alexander e The Homens, "finais dos 70s. comezos dos 80s." e "tres" respectivamente. Como bos fans, chegamos a unha Nasa ainda deserta para coller sitio, menos mal q as camareiras xa estaban nos seus postos e non perdemos o tempo.

Á hora prevista para o comezo entraron na sala os Fanny+Alexander ainda con tempo para saudar aos fans e tomar un reconstituinte licor café. 10 minutos mais tarde, coa sala ainda mediada comenzaron o seu concerto que constou de 6 temas nos que as suas voces, guitarras, e bases pregrabadas se compenetraban á perfección. Deixaron caer versión galaica dos Smiths cambiando London ou Birminghan por Vigo, Compostela ou incluso pola nosa veciña é benquerida vila de Caldas de Reis. Tamen soou versión bailonga con bases de Projecto Mourente do seu tema "sós".


Co tempo xusto para pedir algo de beber (tiñamos sediña despois de tanto bailar) sairon The Homens a escea coa sala case chea. Deron un concerto intensisimo (a min fixoseme curto) no que demostraron varias cousas:
_que son un dos grupos con mais futuro do estado (xa, non descubro nada)
_que son moi bos músicos e teñen un proxecto moi currado.
_que teñen un publico fidel e instruido (que non fagamos ben os coros xa non é culpa deles)
_e sobre todo demostraron q teñen os pes no chan e que saben moi ben o que queren (será porque non son uns ñiñatos de 19 anos, bueno keith richards tampouco ten 19 anos é ...). Bueno esto ultimo non o demostraron so no concerto, claro, senon que o levan demostrando durante todo este tempo que levan co grupo.
Tamén estiberon á altura ilustres invitados como Mourente, Joaquin Samesugas...

Ao rematar o concerto, estibemos comfraternizando (si collendo un peido que te cagas) nalguns locais da zona monumental de Compostela.

Bueno, non creo que a nadie lle interese como rematei esa noite, sobre todo porque cheiraba moi mal, pero podedelo imaxinar vendo como estabamos o Zerovacas e mais eu a iso das 11 e media da noite (con unhas 5 horas por diante)


Ala, ata pronto

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Per favore, lo indichi sulla cartina?

Hola de novo a todos! Nesta segunda reseña describirei as miñas impresións sobre os lugares nos que estiven ultimamente na “bella” Italia. Isto é: Napoli, Pompei, Cava di Tirreni e Salerno. Alén disto, tentarei respostar ás cuestións plantexadas nos comentarios do primeiro artigo, nos que se facían referencia a temas tan transcendentais como droga, alcol, tabaco, chatis ou fútbol.
Entrando xa en materia, comezarei falando da cidade máis semellante a Buenos Aires de Europa, Napoli. Despois de tres horas de tren, chegamos á Stazione Centrale di Piazza Garibaldi, onde xa te avisaban que se debería ter sempre as mochilas á vista. E vendo á fauna que habitaba a estación non era de estrañar.
Despois de deixar a equipaxe no hostal, primeira toma de contacto coa cidade. O primeiro que chama a atención é a cantidade de lixo que hai en todas as rúas, xa sexa na zona de tendas de luxo (Inditex omnipresente!) como en barrios non recomendados polas guías turísticas. Outra cousa a destacar é a figura do personaxe máis influinte, e polo tanto máis importante, de Napoli: Diego Armando Maradona. As bandeiras e fotos coa súa imaxe están en todos lados. Incluso hai un bar que garda un pelo del e teno exposto nunha vitrina a modo de altar. Seguindo un pouco co tema bar, fomos comer á pizzería máis antiga do mundo. Había que coller número e agardar mínimo unha hora. Iso si, estaban boísimas e ademáis eran baratas. Só un fallo: os baños. Co conto que é a máis antiga, non se limpan, e cando vas a eles non eres capaz de respirar (ideal para Sr. Wuainai, que frecuenta restaurantes tipo O Fogar do Santiso). Unha cousa moi boa de Napoli é que ten unha vida incrible, todo tipo de xente e moitos locais onde confraternizar e pasalo ben. Todo o contrario que Vibo Valentia onde todo o mundo viste igual e só hai un pub recomendable: o Jumpin’ Up de estética 70´s funk e música aceptable.
Falando xa do lado escuro da cidade; hai que saber por onde se anda, xa que hai sitios realmente perigosos, onde podes ver como rouban un coche en directo. Paseando polo porto vense os grandes contedores procedentes de Oriente e Occidente e onde as falsificacións de todo tipo van ser misturadas coas orixinais. A diversión segue coa droga, na que a base da pirámide a forma un neno de 12 anos. Aos 14-16 xa podes ter a túa moto e o teu propio ferro (pistola). Estes aprendices de delincuentes viaxan por toda a cidade, dirixíndose ás cristalarías das grandes cadeas comerciais para probar a arma. Os cristais rematan cheos de proxectís, mais os comerciantes non os cambian polo reclamo turístico que supón. Ao final, as aseguradoras funcionan a medias coas principais cristalarías do país, controladas pola Camorra. Se a alguén lle interesa este tema, recoméndolle o libro de Roberto Saviano “Gomorra: Un viaje al imperio económico y al sueño de poder de la Camorra” da editorial Debate.
De monumentos ou museos, abstéñome de comentar nada xa que está todo escrito e dito. Realmente é unha cidade auténtica, ruda, tosca, onde se discute salvaxemente en calquera esquina por unha parida e dache a sensación de que calquera cousa pode ocorrer no momento en que menos o agardas. Totalmente recomendable a súa visita.
Viaxamos agora de Napoli a Pompei (Pompeia). Despois de pagar os regulamentarios 11 euros, entramos na cidade que foi sepultada polo Vesuvio o 24 de agosto do ano 79 d.c. baixo un río cinzas, lapilli e lava. Nada máis poñer o pé na cidade, impresiona vela xa que é realmente grande e te ves superado pola omnipresenza de pedras e manadas de xaponese excitados. Despois de estar alí máis de tres horas percorrendo as súas rúas, dache a sensación que xa viches todo e che resulta repetitivo; mais non, recomendan un día enteiro para vela ben. Sen dúbida recomendable, aínda que quizais para un filósofo da enxeñaría coma min, se me fai un pouco pesada.
Fomos a Cava di Tirreni porque era o sitio onde tiñamos o hostal. Este era propiedade da Igrexa, aínda que o cheiro que predominaba en recepción non erá incienso, senón un cheiro que lle sería moi familiar ao xefe de Neve do País. Nunca oira falar desta cidade; é un tipo Vibo Valentia en tamaño, mais só niso. Ten un casco vello moi fermoso e cunha vida nocturna máis que aceptable. A destacar o número de locais onde se escoitaba jazz e restaurantes de grande nivel, esteticamente falando.
Despois de media hora de tren, chegamos a Salerno. Moi fermosa tamén, semellante a Cava di Tirreni, mais moito máis grande. A destacar o paseo marítimo, o casco antigo e as vistas dende Il Giardino della Minerva (o xardín botánico máis antigo de Europa). Foi Salerno a derradeira parada antes de partir para a gris Vibo Valentia.
Respostando agora aos comentarios do primeiro artigo, comezarei falando das chatis. Que decir, hai de todo, mais destacan as hipermaqueadas conducindo os seus fermosos Mini Cooper´s ou Smart´s. As copas e o tabaco son carísmos. A modo de exemplo: un Gyn-Tonic vale cinco euros (un Martini o mesmo) e un paquete de Chesterfield custa 3,60 euros. As drogas supoño que as haberá; como en todos lados. Segundo a prensa local, está pegando moito ultimamente o md (“miedo me da” para os iniciados no tema). Aparte disto, supoño que haberá todo tipo de sustancias estimulantes. Como podedes imaxinar, a droga está nas mans da mafia. O fútbol é o deporte rei, seguido polo volley, ciclismo, Valentino Rossi e Ferrari. O equipo de Vibo Valentia é a Vibonese, que milita na Serie C2-C e na que xoga un español. Na rexión de Calabria só hai un equipo na Seria A, a Reggina. Agardo que o capo de Pena máxima quede satisfeito con esta breve reseña de deporte.
Pois isto é todo polo de agora. Agardo que ese paquetiño con licores galaicos varios estea preparado. Xa vos mando eu o enderezo ao que o tendes que enviar.

A PRESTO!





Audio: Jackie Trent - you baby

lunes, 5 de noviembre de 2007

CANCIONS DA SEMANA


Xa están eiquí as cancións desta semana, como podedes comprobar, a música en galego é a predominante, debido a q o concerto presentación dos discos de The Homens e Fanny+Alexander do venres pasado ainda non me saiu da cabeza, pero iso xa o contarei nunha proxima entrada esta semana. ala

-pánico (merda de DJ) FANNY+ALEXANDERhttp://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=144420199

-monte moriah THE HOMENShttp://www.thehomens.com/

-el aval LOS TREShttp://www.lostres.cl/indexbeta.htm

-miña ruliña MARIA E XAVIER

-hate the police MUDHONEY

martes, 30 de octubre de 2007

Che cos ci consiglia?



Sono appena arrivato… e sí, todos os tópicos se cumpren. A Italia profunda da que tanto se oe falar e se vía nas películas existe. Todo o que pasa e hai aquí poderíase resumir nas seguintes palabras: panadarías, mafia, televisión, coches, pizza, pasta…ou afirmar directamente que Vibo Valentia é unha tapadeira en sí.

Comezarei por ese mundo que tanto me apaixona e que damos en chamar televisión; mais non calquera televisión, senón a televisión italiana. O primeiro que chama a atención é a presenza de tías despampanantes bailando, facéndose a atontada e esinando xerorasamente pechamen en todo tipo de programas (e cando digo en todos, digo todos!), por non falar da publicidade. Non quero imaxinarme se aquí existise un "ente" como é Federación de Mujeres Progresistas de España (que pediu a retirada de Escenas de Matrimonio por fomentar a violencia cara as mulleres!!!). Pilar Barden, Cristina del Valle e algunha outra máis terían moito choio e non poderían atender á súa marabillosa e espléndida carreira "artística".

Se houbera que destacar algún programa sería sen dúbida Striscia la Notizia; que aplican á actualidade un moi bo humor (que tome nota Wyoming!). Ah, aquí tamén hai dúas chatis que botan por fora. Como non, en Italia hai ese tipo de series que persoalmente apéstanme: House, Anatomía de Gray, Prison Break, Perdidos ou Heroes, lévaas para a casa! Foi estreada estos días Il Capo dei Capi, a serie italiana máis cara de todos os tempos, e como podedes imaxinar xa sabedes de que pode ir (da mafia quizais?). Realmente aínda é aceptable para ver, mais vivindo con tías, as series citadas anteriormente son prioridade a visualizar.

Outros programas que tamén triunfan son as tertulias-pelexas sobre política, ¿Quiere ser millonario?, Mira quién baila, Hay una carta para ti, programas tipo Noche de fiesta, folklore, relixión (Dios salve al Padre Pío) e outras averracións á intelixencia. Entereime tamén que había unha versión de Los Serrano, mais aínda non logrei vela. Agardo impacientemente.

Falarei agora do tema máis recurrente estando en Calabria, a mafia. Dúas anécdotas a modo de exemplos. O meu pimeiro día aquí, saiu en Calabria TV a colocación dunha bomba a un almacén de froitas, mais non lle fixen moito caso. Fai un par de días cando fomos facer copias das chaves para todos, o escaparate da ferretaría estaba acribillado a balazos! Até este momento pensaba que iso da mafia era unha entelequia, que xa non existía. Vaia inxenuo!

Neste recuncho de Italia, a mafia posúe todas as panaderías e pastelerías. Así que cada vez que se compra pan aquí, os cartos son para a cossa nostra. Como vos podedes imaxinar a economía sumerxida é a que abonda. Isto está cheo de concesionarios de coches de luxo, pequenos talleres de 15 m2 que dan moito que pensar, venda de pan e pasteis en calquer local…

Falando un pouco da cidade, diría que é un tipo Pontevedra. O casco vello de Vibo Valentia está bastante podre e a parte "nova" carece de estética. Ten unha interesante rúa de tendas onde o que máis se ven son esos traxes italianos que relmente están moi ben. As beirarúas, na maioría das veces, non existen e aínda por riba a condución dos nativos é a máis irrespetuosa que vin nunca. Non hai cultura de bares, xa que os hai contados; e non digamos xa pubs, que debe haber tres. Total, aquí non hai a onde saír e nas grandes cidades italianas, ás dúas da madrugada xa non venden alcol. E o peor de todo, non se pode fumar en ningún sitio; discotecas, pubs, bares… Vendo isto, fan a Zapatero bo! Como está o fútbol!

Da comida que se pode decir, magnífica! Todo está boísimo, tanto as pizzas, a pasta, calzones e toda a variadísima cociña italiana. Debido ao extenso do tema e a sapiencia do que escribe, queda para outra ocasión.

Pois isto é todo polo de agora. A ver se alguén que me aprecie me manda unhas botelliñas de licor café ou licores galaicos varios.

A PRESTO!

lunes, 29 de octubre de 2007

CANCIÓNS DA SEMANA

ala, aqui tendes as cancions q me trouxeron de cabeza esta semana.
so espero q desta volta, os comentarios se refiran a o contido do artigo
ata luns

-moi ben, tripper HANOM AUSSE
http://www.myspace.com/hanomausse




-hunting for witches BLOC PARTY
-emily kane ART BRUT
-the pelican MENOMENA
-revolución CHUCHO

lunes, 22 de octubre de 2007

CANCIÓNS DA SEMANA

Compráceme anunciar o nacemento dun novo espazo semanal (saira os luns) neste noso blog, do cal eu (Toro Noise) me encargarei e q so pretende amosarlle a o q lle interese cales son as cancións q non podo deixar de escoitar cada semana (porsuposto algunhas repetiran), e se serve para q alguen recupere algun disco olvidado ou descubra outro estarei satisfeito. Por outra parte se alguén se enfada porque lle parecen moi malas,... q se foda


--"algún dia será" SURFIN` BICHOS
--"at & t" PAVEMENT
--"calamar" THE HOMENS
--"just another dream" LOOPSIDE
--"verano fatal" NACHO VEGAS & CHRISTINA ROSENVINGE

martes, 16 de octubre de 2007

Los Granadians rides again


Voltan á carga este xove conxunto que demostrarán unha vez máis o seu exquisito gusto polos ritmos de moda comos son o rocksteady ou o reggae sen esquecernos do garage mexicano dos 60 ou outros ámbitos como a ciencia ficción. A banda goza do recoñecemento de crítica e público, sendo a prensa británcia especializada quen define o seu son como: "...crunchy, jerky, esoteric!".



Los Granadians están preparando a saída do seu novo álbum que vera luz a finais de 2007. Todos e cada un dos temas serán hits. Algúns dos cortes gravados ata agora son "Una chica me dijo una vez", "Te puedes marchar", "Dulce sensación", "Hanna"...todos estes con marabillosas letras en castelán. Ademais destos, haberá os clásicos instrumentales cos característicos killers de hammond da man de Teddy Boy. A banda tamén gravou algúns videoclips para a pequena pantalla.



Agardaremos a que dunha vez por todas toquen en Galicia, como o fixeron non fai moito, os seus vecíños de Granada como son Red Soul Community.



Outro boa noticia para os amantes do 60's ska-cool rocksteady-early reggae. The Skatalites, a banda máis mítica de Xamaica, tocará por primeira vez en Galicia. Será o 10 de novembro en Vigo na Sala A!.


Video clip so seu anterior álbum 'El Temperamentel Sonido de Los Granadians': 'Terror Suspenso Reggay Sideral' (http://www.youtube.com/watch?v=xuq2JhA7gio)


lunes, 15 de octubre de 2007

Benvenuti Italia !


Hola de novo amigos! Mike Lois desprazarase á rexión de Calabria (http://es.wikipedia.org/wiki/Calabria) durante tres meses en misión especial. Todas as experiencias serán contadas neste blog, así que non lle quitar ollo.

Ah! saúdos a ese tal Sr. Wuainai (http://www.srwainai.blogspot.com/); se podedes, ignorádeo xa que carece do que damos en chamar cultura.

Arrivederci.


sábado, 13 de octubre de 2007


- pon unha na tua vida.

-q va tio, paso.



-vale, se mo dis con esa cara, poñoa e punto,

de feito vou poñer duas no balcon por se perdo unha


lunes, 8 de octubre de 2007

Opinión culinaria




Achégovos aquí un artigo de opinión (persoal, subxectiva e intransferible) sobre o que dan en chamar "cociña moderna". Este foi publicado no primeiro número da revista Artenativa e recibiu unhas magníficas críticas dentro do mundo cultural e tamén culinario, sendo premiado en varios festivais xornalísticos e festas gastronómicas varias. Bo proveito con Xacobe!

Liofilización, técnica de esterificación, técnica do nitróxeno líquido, escuma de fume, encapsulación... Quen se imaxinaría lendo isto, que este é un artigo que trata sobre a cociña; mellor dito, sobre a tan marabillosa nova cociña de hoxe en día que encarnan iluminados ilustres como Ferrán Adriá. Si amigos, estamos ante a peste da nova cociña e a presenza mediática dos sabios dos fogóns. Xa non nos asustamos ante a proliferación de cociñas con aspecto de quirófano, aínda que estes iluminados din que son laboratorios de experimentación; cociñeiros que presentan reality shows ou venden fascículos orientados ás señoras que ven estes programas.

Unha das maiores críticas que reciben estes novos gurús da sociedade, é que a súa cociña non é algo que se poida gozar todos os días, mais ese nunca foi o obxectivo destes, nin falta que fai! O máis famoso deles argumenta “a necesidade da creatividade culinaria fundamentada no coñecemento científico; un cociñeiro que descubra un novo universo gastronómico para beneficio de calquera persoa con desexos de alimentarse ben” No comment!!! . Que me diga alguén que para poder catar un menú degustación hai que agardar un ano e medio (non é broma!); mais non importa, despois de soltar a pasta xa poderás comunicarlle ás túas amizades que ti fuches un dos privilexiados comensais do Bulli. Sen ofender aos parvos, seremos parvos?

Falando do suposto toque underground que ten esta tendencia da nova cociña, unha comparación a modo de exemplo: un protagonista de Los Hombres de Paco adoita levar unha camiseta de Sinnamon Records e no bar desta serie hai un cartel de Franz Ferdinand. Espontaneidade? Non, é marketing do non markenting, a comercialización salvaxe do underground sen deixar de ser underground. Se lle aplicamos isto á cociña, sairía dun tubo de ensaio o tipo de visionario da cociña do que falamos.

Antes os cociñeiros eran anónimos, nunca traspasaban as sagradas paredes das cociñas. Ías a calquera restaurante e non tiñas nin idea quen che preparou eses saborosos manxares. Hoxe os restaurantes hai camareiros-manequíns, maîtres que che perdoan a vida coa ollada e no altar está o grande cociñeiro, recibindo as felicitacións dalgún comensal que pouco debeu saborear os pratos debido aos efectos caloríficos e/ou psicotrópicos dun viño que lle recomendara algún respectable alto cargo. Semella que xa non vale a simple cocción ou fritura. Da mesma maneira que para esta alta cociña, porque non aplicamos o mesmo baremo para un mecánico? Imaxinádesvolo cambiando o aceite a un coche entre flores e serpentinas cobrando o mesmos salario que un director de banco?

Non vou defender eu aquí as razóns que dan a maioría da xente desprezando esta cociña: onde estea un bo churrasco con patacas frixidas, co que che poñen no prato non te fartas, coa fame que se pasa no mundo... aínda así, fago unha proposta; porque non conceder bolsas de axuda para as persoas que non teñan solvencia económica e así democratizar a alta cociña? Non reciben bolsas de estudo esa parte privilexiada desta nosa sociedade que damos en chamar universitarios?

Mais si, recoñézoo, gustaríame ir ao Bulli e probar un souflé de boniatos escalivados con aceite de tartufo e ovas de troita ao fume de mandarina. Porque neste mundo de aparencias, construído para que os novos ricos poidan demostrar o que son, poder ensinarlles educación. A educación que carecen no sentido gustativo polo que pagan unha inxente cantidade de diñeiro. Meus probes. Serán dos nosos?

viernes, 5 de octubre de 2007

CHEGAMOS!!!


benvidos a todos a este noso blog bicefalo, onde encontraredes comentarios sobre música, criticas culinarias, debates do tipo republica vs borbons vs carlismo (corrente esta ultima moi interesante e de auxe, sobre todo nunha pequena aldea da navarra mais oriental), comentarios deportivos (analizaremos de forma minuciosa a vida e obra do mitico DIMITRI RADCHENCO), e todo aquelo sobre o q nos preste escribir, e punto.

Xa estamos eiquí !


Benvidos! Estámonos lendo o libro de instrucións, mais como somos tíos listos (algún até enxeñeiro), moi cedo teredes novas nosas. Saúdos.