Chegou a hora na que o factor intervencionista dos Estados Unidos está mais alerta.
A partires de agora probablemente Cuba volva a convertirse (como en tempos de Fulgencio Batista) no burdel de norteamerica, si, pero chea de hamburgueserías e demais multinacionais useñas que coidarán de que o pobo cubano non pase fame, E UNHA MERDA!!!
Así remata a historia dun pobo coas mellores politicas sociais do mundo, pero nunca foi suficiente a ollos internacionais (incapaces de contradicer ao xigante opresor norteamericano).
Agora a disidencia en Miami frotarase as mans intentando quedarse con unha porción da tarta.
"A revolución é sentido do momento historico, é cambiar todo o que debe ser cambiado, é igualdade e liberdade plena, é ser tratado é tratar aos demais como seres humanos, é emanciparnos por nos mesmos e cos nosos propios esforzos, é desafiar poderosas forzas dominantes dentro e fora do ámbito social e nacional, é defender valores nos que se cre a prezo de calquer sacrificio, é modestia, desinterés, altruismo, solidaridade i heroismo, é non mentir xamais nin violar principios éticos, é convicción profunda de que non existe forza no mundo capaz de aplastar a forza da verdade e as ideas. Revolución é unidade, é independencia, é loitar polo noso soño de xustiza para Cuba e para o mundo, que é a base do noso patriotismo, o noso socialismo e o noso internacionalismo".
BOA SORTE COMANDANTE!!!