martes, 15 de enero de 2008

Arrivederci Calabria!

Ciao a tutti!

Este vai ser a derradeira entrada publicada neste noso blog desde a bella Italia. Hoxe è meu ùltimo dia en Vibo Valentia, mais non chegarei à casa ata o 19 (ou quen sabe debido aos problemas cos billetes de aviòn); xa que tomareime tres dias de descanso en Roma debido ao estrès provocado polo intensisimo traballo realizado eiqui.

Comentar que estades todos invitados à festa que se realizarà cando chegue, podendo gozar dos deliciosos manxares e licores calabreses-italianos (senza picante non c'è vitta).

A presto amici e ci vediamo il 19!

jueves, 3 de enero de 2008

AS CANCIÓNS DA SEMANA (xaneiro 2008)


boas amigos e amigas, na primeira entrega no 2008 deste apartado de IAUGANAIALMA, teño que dicir que o primeiro disco que escoitei este ano, a iso das 00:15 do 1 de xaneiro, foi o REGODOBARGO de Suso Vaamonde (por certo, aproveitei este momento previo á primeira gran festa do ano para dar boa conta da miña hixiene corporal, xa que non ia sobrado). Despois de lavar os sobacos e os pes, puxen o BEAT SURRENDER de The Jam para sair da casa con un pouco de marcha, ( que se me cortou na festa á que acudín xa que dj ernst estaba pinchando clasicos do tipo de Rihanna, pero sobre a esa festa xa falarei en outra ocasión).


Ben, pois estas son as cancións:


-deus fratresque gallaecia SUSO VAAMONDE (letra de Alfredo Brañas)

-town called malice THE JAM

-mars bars UNDERTONES

-all or nothing SMALL FACES


-no tiene por que ser así NIPPLE ATTACK


Non c'è niente da fare...


Hola de novo a todos!

Antes de nada desexar un buon anno e auguri a tutti. Nesta nova entrada publicarei o vídeo da viaxe a Pisa, Florencia, Siena, San Giminiano e Lucca. Desta volta non redactei a súa correspondente crónica debido a que estas datas son para o descanso e non para traballar (hai un tempo para todo).

Pois máis nada e até a próxima.

Audio: Los Imposibles - keep trying